O Centro de Formación e Recursos da Coruña, ten como principais funcións:
Detectar e recolle-las necesidades de formación nos centros do seu ámbito de actuación e propoñer iniciativas e accións formativas que satisfagan esas necesidades ou demandas.
Coordinar e xestiona-las actividades formativas que integran o Plan Anual de formación permanente do profesorado aprobado pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.
Promover accións formativas nos centros, encamiñadas a impulsa-la investigación educativa, preferentemente no campo da innovación e experimentación didácticas.
Facilitarlles un servicio de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico ós profesores e ós centros de ensino do seu ámbito territorial.
Realizar actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.
Impulsar e apoia-la participación do profesorado en seminarios permanentes, grupos de traballo, proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.
Contribuir á dinamización social e cultural das zonas educativas de especial dificultade do seu ámbito de influencia.
Favorece-lo coñecemento e a utilización efectiva de materiais e recursos técnicos.