|
|
|
HALLOWEEN 2009
|
|
|
Como ben sabedes tod@s, Halloween é a nosa festa favorita da aula de inglés. E o certo é que este ano aprendemos moitas cousas sobre ela: as súas orixes, as súas tradicións e algunhas lendas. Así, os alumn@s de 3º ciclo coñecemos por qué se fixo tan popular o costume de baleirar as cabazas e adornalas con candeas. Ten que ver coa lenda de Jack o da lanterna ou "Jack O´Lantern": un malvado home irlandés que foi condeado a deambular polos camiños por toda a eternidade, acompañado tan só por unha cabaza acesa que lle axudaba a ver na escuridade. Despois de que as profes de inglés nos contaran esta historia, fixemos un resumo da mesma en forma de pequeno libro, que nos quedou realmente ben. Por outra banda, os rapaces/as de 1º e 2º ciclo realizamos actividades ó redor da historia da Bruxa Winnie ou "Winnie the Witch", e axudámola a facer maxia co seu gato Wilbur. Por último, os máis pequen@s do cole, os nen@s de Infantil,
|
disfrutamos moito coa historia da Casa Encantada ou "The haunted house", axudando á nena protagonista a atrapar os fantasmas que había na súa casa. Pero non só iso, tamén a axudamos a metelos na lavadora, a tendelos para que se secaran e a facer con eles cousas máis útiles: cortinas, manteis, mantas e mesmo sabas para a cama. Pero o que máis nos fixo disfrutar foron as cabazas. Non sabedes as risas que botamos na casa mentres as baleirabamos cos nosos familiares e amigos. E xa non vos contamos nada do momento en que lles empezamos a engadir complementos para deixalas aínda máis bonitas. ¡E vaia cousas se non ocorreron! As fotos dan fé do que vos contamos. ¿A que son chulísimas? ¡Por certo! Se queredes saber algo máis desta tradición anglosaxona ou ver tódalas fotos das nosas cabazas, podedes visitar o blog da aula de inglés que aparece a continuación ou facer click nos enlaces seguintes. Paga a pena.
|
|
|
|
|
|
|
11/03/09 - Alumnado de inglés, Departamento de inglés
|