|
IMBOLC
|
|
A roda do calendario celta segue xirando e mostrándonos celebracións fermosas e sempre vencelladas a Nai Natureza.
|
|
 |
| Roda do calendario celta |
|
 |
| Nacións celtas |
|
|
O Imbolc é un dos catro principais festivais do calendario celta, e celebrábase dende o solpor do 31 de xaneiro ata o solpor do 2 de febreiro, (supoñendo o punto medio entre o solsticio de inverno e o equinocio de primaveira). En gaélico significa “no embigo”, referíndose a xestación das ovellas, sendo tamén un término celta para denominar a primaveira. Recibe este nome porque é una festa adicada ó ritual da fertilidade, xa que se achega a primaveira e con ela o “renacemento da natureza”, hónranse as sementes que empezan a xerminar baixo terra. É unha festa da luz, celébrase o triunfo do sol, xa se nota que os días cada vez son máis longos permitíndonos pensar na primaveira. Encendíanse fogos, farois e candeas que aportan luz e calor ó sol, e así recobra a súa forza e vai quentando a terra, favorecendo a súa fertilidade. Nesta festa venérase a muller como “creadora de vida”. O Imbolc está adicado a deusa Brigit denominada “a excelsa”, a deusa triple da metalurxia, da poesía e sobretodo da fertilidade e que goza do culto máis antigo de Irlanda.
|
|
 |
| Deusa Brigit fertilizando a terra |
|
 |
| Brigit deusa triple: poesía, metalurxia e fertilidade. |
|
 |
| Brigit deusa da fertilidade |
|
|
O cristianismo suprimiu ou transformou todas as festas ou deidades que non encaixaran co seu dogma, calificándoas de heréticas. O caso da deusa Brigit foi curioso, porque o non conseguir, os cristiáns, que se deixara de venerala en Irlanda, decidiron inventarse a Santa Brígida e atribuirlle características de Brigit, sendo a día de hoxe a patrona de Irlanda.
Fontes: Wikipedia; Libro: “Lendas e mitos celtas”; sobreirlanda.com; etc.
|
|
|
02/02/10 - Sergio Lozano Guitián
|